Supervisión de todos os eventos de comunicación
Seleccione Menu > Log.
Para abrir o rexistro xeral, no que se poden supervisar todas as chamadas de voz,
mensaxes de texto ou conexións de datos rexistradas polo dispositivo, seleccione
a ficha de rexistro xeral
. Os eventos secundarios, como unha mensaxe de
texto enviada en varios fragmentos e as conexións de paquetes de datos,
Realización de chamadas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
47
rexístranse como un evento de comunicación. As conexións coa caixa de correo, co
centro de mensaxes multimedia ou con páxinas web amósanse como conexións de
paquetes de datos.
Para ver cantos datos se transferiron e canto durou unha conexión de paquetes de
datos determinada, desprácese ata un evento entrante ou saínte indicado mediante
GPRS e seleccione Options > View.
Para copiar un número de teléfono desde o rexistro ao portapapeis e pegalo nunha
mensaxe de texto, por exemplo, seleccione Options > Use number > Copy.
Para filtrar o rexistro, seleccione Options > Filter e un filtro.
Para axustar a duración do rexistro, seleccione Options > Settings > Log
duration. Se selecciona No log, eliminaranse permanentemente tódolos contidos
do rexistro, o rexistro de últimas chamadas e os informes de entrega de mensaxería.
5. Escribir texto
É posible inserir letras, números e caracteres especiais de xeitos distintos. Os
teclados en pantalla permítenlle inserir caracteres tocando neles co estilete ou cos
dedos. O recoñecemento de escritura manual permítelle escribir caracteres
directamente na pantalla empregando o estilete como un bolígrafo. O
recoñecemento de escritura a man pode non estar dispoñible en todos os idiomas.
Toque en calquera campo de entrada de texto para inserir letras, números e
caracteres especiais.
Grazas ao dicionario integrado, o dispositivo pode rematar as palabras que vostede
escribe no idioma seleccionado. O dispositivo tamén aprende palabras novas a
medida que vostede as vai inserindo.
Teclado virtual
É posible usar o teclado virtual en modo horizontal.
Para activar o teclado virtual, seleccione
>
Full screen QWERTY.