Nokia 5230 - Solución de problemas

background image

Solución de problemas

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

153

background image

P: Por que o meu dispositivo Nokia non pode establecer unha

conexión GPS?

R: O establecemento dunha conexión GPS pode tardar desde un par de segundos

ata algúns minutos. O establecemento dunha conexión GPS nun vehículo pode

tardar máis tempo. Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para recibir

un sinal mellor. Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis aberto.

Asegúrese de que a súa man non tapa a antena GPS do dispositivo. Se as condicións

climáticas non son boas, a intensidade do sinal pódese ver afectada. Algúns

vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que poden bloquear os sinais dos

satélites.

P: Por que non podo atopar o dispositivo do meu amigo mentres

utilizo a conectividade Bluetooth?

R: Comprobe que ámbolos dous dispositivos son compatibles, teñen activada a

conectividade Bluetooth e non están en modo oculto. Comprobe tamén que a

distancia entre os dous dispositivos non supera os 10 metros (33 polgadas) e que

non hai paredes nin demais obstáculos entre os dispositivos.

P: Por que non podo finalizar unha conexión Bluetooth?

R: Se se conecta outro dispositivo ao teléfono, pode finalizar a conexión desde o

outro dispositivo ou desactivando a conectividade Bluetooth no teléfono.

Seleccione Menu > Settings e Connectivity > Bluetooth > Bluetooth > Off.

P: Que fago se a memoria está chea?

R: Elimine elementos da memoria. Se se amosa Not enough memory to perform

operation. Delete some data first. ou Memory low. Delete some data from

phone memory. cando está a eliminar varios elementos ao mesmo tempo, elimine

os elementos un a un, comezando polos máis pequenos.

P: Por que non podo seleccionar un contacto para a miña mensaxe?

R: A tarxeta de contacto non ten un número de teléfono, un enderezo ou un

enderezo de correo electrónico. Seleccione Menu > Contacts e o contacto

axeitado, e edite a tarxeta de contacto.

Solución de problemas

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

154

background image

P: Como podo finalizar a conexión de datos cando o dispositivo inicia

unha conexión de datos repetidamente?

R: É posible que o dispositivo estea a intentar recuperar unha mensaxe multimedia

do centro de mensaxes multimedia. Para que dispositivo non realice unha conexión

de datos, seleccione Menu > Messaging e Options > Settings > Multimedia

message > Multimedia retrieval. Seleccione Manual para que o centro de

mensaxes multimedia garde as mensaxes para recuperalas máis tarde, ou Off para

ignorar todas as mensaxes multimedia entrantes. Se selecciona Manual, recibirá

unha notificación cando teña unha mensaxe nova no centro de mensaxes

multimedia. Se selecciona Off, o dispositivo non realizará ningunha conexión de

rede relacionada coa mensaxería multimedia. Para axustar o dispositivo para que

utilice unha conexión de paquetes de datos só se inicia unha aplicación ou acción

que a necesita, seleccione Menu > Settings e Connectivity > Admin. settings >

Packet data > Packet data connection > When needed. Se isto non soluciona

o problema, desactive o dispositivo e volva activalo.

P: Podo utilizar o meu dispositivo Nokia como un módem de fax cun

ordenador compatible?

R: Non é posible utilizar o dispositivo como un módem de fax. Non obstante, coa

función de desvío de chamadas (servizo de rede), pode desviar as chamadas de fax

entrantes a un número de fax.

P: Como calibro a pantalla?

R: A pantalla vén calibrada de fábrica. No caso de que fose necesario volver calibrala,

seleccione Menu > Settings e Phone > Touch input > Touch screen

calibration. Siga as instrucións.

P: Por que se amosa a mensaxe de erro Expired certificate ou

Certificate not valid yet cando estou a instalar unha aplicación

descargada?

R: Se se amosa Expired certificate ou Certificate not valid yet incluso no caso de

que o certificado debera ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo

son correctas. É posible que omitise o axuste da data e da hora ao iniciar o

Solución de problemas

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

155

background image

dispositivo por primeira vez, ou que a rede móbil non actualizase estes axustes no

seu dispositivo. Para resolver isto, seleccione Menu > Settings e Phone > Phone

mgmt. > Factory settings. Restableza os axustes de fábrica e, cando se reinicie o

dispositivo, axuste a data e a hora correctas.

23. Protexer o medio ambiente

Aforro de enerxía

Para evitar cargar a batería tan a miúdo, faga o seguinte:
● Peche as aplicacións e as conexións de datos, por exemplo, a súa conexión

Bluetooth, cando non as utilice.

● Desactive os sons innecesarios, como os tons da pantalla táctil e os das teclas.

Reciclado

Cando o dispositivo alcance o final da súa vida útil, é posible recuperar

todos os materiais cos que está fabricado en forma doutros materiais

ou de enerxía. Para garantir a correcta eliminación e reutilización,

Nokia coopera cos seus socios a través dun programa denominado

We:recycle. Para obter máis información verbo de como reciclar os seus

produtos Nokia usados e onde atopar puntos de recollida, consulte a

páxina www.nokia.com/werecycle, ou utilizando un dispositivo móbil, a páxina

nokia.mobi/werecycle, ou chame ao centro de contacto de Nokia.
Para reciclar os paquetes e guías de usuario, siga o procedemento habitual na súa

zona.
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto, na batería, nas

instrucións ou na embalaxe lémbralle que todos os produtos eléctricos e

electrónicos, as baterías e os acumuladores débense refugar por separado ao

final da súa vida útil. Este requisito aplícase na Unión Europea. Non se desfaga

deste produto do mesmo xeito que dos residuos domésticos normais. Para obter

máis información verbo dos atributos medio ambientais do seu dispositivo,

consulte www.nokia.com/ecodeclaration.